martes, 29 de octubre de 2013



CATALINA PROTA DA SEMANA

Esta semana a protagonista foi Catalina, trouxonos un vídeo moi chulo e descubrimos que ten un montón de mascotas e que lle gusta moito disfrazarse. Ademais o venres viñeron os seus pais e nos trouxeron un montón de hortalizas da finca dos avós de Catalina, porque a Cata encántalle "traballar" con eles, descubrimos que hai millo que non é amarelo e aprendemos un montón de cousas e o máis diver... que coas verduras pódese pintar! Moitas grazas familia!




Aniversarios de outubro

Na clase dos corazóns azuis celebramos os aniversarios de Nuria e de Mariña. Fixemos as coroas, comemos uns doces riquísmos que viñan cos nosos nomes, ata había un para Papirus! Bebemos zume e por suposto cantamos o parabéns... noraboa mozas!






miércoles, 23 de octubre de 2013

ANIVERSARIO DE PAPIRUS

Hoxe celebramos o aniversario de Papirus, a mascota da biblioteca, estivemos na escola de primaria e alí tiñamos unha sorpresa: Papirus mandara unha carta! Tamén miramos o vídeo coa historia do noso polbo favorito e na biblioteca cantamos a súa canción e démoslle uns agasallos que fixeramos na clase. PARABÉNS PAPIRUS!!!!












viernes, 18 de octubre de 2013

PROTAGONISTA DA SEMANA:MARÍA

ESTA SEMANA A PROTA DA NOSA CLASE FOI MARIA..VIÑERON O SEU PAI E A SUA NAI A FALARNOS DA PESCA SUBMARINA,AMOSÁRONOS OS UTENSILIOS QUE SE UTILIZAN E AS ROUPAS QUE LEVAN,COMA O TRAXE,AS ALETAS,AS GAFAS...
ENSINÁRONOS UN VÍDEO ONDE VIMOS COMO PESCABAN UN POLBO,UN CHOCO E COMO BUCEABA MARÍA
MOITAS GRACIAS POLA COLABORACIÓN




viernes, 11 de octubre de 2013

PROTAGONISTA: NOARA

ESTA SEMANA A PROTAGONISTA DE 4 ANOS B FOI NOARA...A SÚA MAMA É PERRUQUEIRA E VEU CON TODOS OS SEUS UTENSILIOS DE TRABALLO A PEITEARNOS E MAQUILLARNOS..DESPOIS DUNHA SESIÓN DE BELEZA MARCHAMOS PARA CASA MOI MOI GUAPOSSSS....




martes, 8 de octubre de 2013

EXCURSIÓN A CAMPO LAMEIRO

Por fin chegou o día... despois do mal tempo e dunha viaxe "dificultosa" poidemos desfrutar da excursión. Encantounos a exposición no museo, pasear e ver a representación da aldea e o obradoiro do pan (moer en muiños de pedra, facer o galleto pan). Mirade que ben o pasamos!