viernes, 5 de octubre de 2012

AS UVAS

Nas clases dos corazóns estamos de cheo co proxecto do outono e os seus froitos. Hoxe tocou a quenda das uvas, aprendemos un montón de cousas, que as uvas brancas son de cor verde e as tintas moradas ou negras, que a partires do zume pódese facer viño... e entre todos quitamos o bago dos acios que trouxemos da casa, esmagámolas e fixemos un zume moi rico.

martes, 2 de octubre de 2012

NAS CLASES DOS CORAZÓNS IMOS TRABALLAR O OUTONO. A VINDEIRA SEMANA NECESITAREMOS UN ACIO DE UVAS CADA UN, TINTAS NA AULA DOS CORAZÓNS VERMELLOS (XISELA) E BRANCAS NA DOS CORAZÓNS AZUIS (TANIA). GRAZAS.