jueves, 20 de diciembre de 2012

ANIVERSARIOS DECEMBRO

Hoxe celebramos o aniversario de Aisha e de David, agora xa temos todos tres anos!!!


lunes, 17 de diciembre de 2012

Celebracion do centenario de Celso Emilio Ferreiro







O pasado venres celebramos o centenario de Celso Emilio Ferreiro, fomos ao cole dos maiores e recitamos un dos seus poemas. O doce do doce ás doce!!!!

domingo, 2 de diciembre de 2012

ANIVERSARIOS DE NOVEMBRO.

O pasado venres celebramos o aniversario de Catarina e de Carlo, xe teñen tres aniños. Parabéns aos dous! Non esquezades que os días nos que hai aniversario merendamos biscoito, non fai falla que ese día traian outra merenda.

UN NOVO ALMORZO SAUDABLE.

Nesta ocasión o almorzo incluía salchichón, pan branco, iogurt, mel e plátano. Pasámolo moi ben e aprendemos moitas cousas sobre os alimentos e a hixiene bucodental. 


 

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Banda de música.











PRIMEIRO ALMORZO SAÚDABLE...

Imos contarvos o que fixemos, primeiro lavamos as mans e cantamos unha canción. 
Despois estiveron a contarnos un montón de cousas dos tipos de comidas que hai. 

Neste almorzo tomamos leite quentiño con cola cao, e pan con aceite, tomate e xamón... que rico.



jueves, 22 de noviembre de 2012

PROFE ANDREA

NA CLASE DOS CORAZÓNS AZUIS TIVEMOS UNHA SORPRESA... TEMOS UNHA PROFE NOVA!!!!   A PROFE ANDREA QUE VAI ESTAR UNS MESES CONNOSCO

lunes, 19 de noviembre de 2012

CUMPLE DE PAPIRUS







ESTE MES TIVEMOS UNHA INVITACIÓN MOI ESPECIAL DA MASCOTA DO COLE CHAMADA PAPIRUS,VIVE NA NOSA BIBLIOTECA E FOMOS MOI ILUSIONADOS A FELICITALA

viernes, 5 de octubre de 2012

AS UVAS

Nas clases dos corazóns estamos de cheo co proxecto do outono e os seus froitos. Hoxe tocou a quenda das uvas, aprendemos un montón de cousas, que as uvas brancas son de cor verde e as tintas moradas ou negras, que a partires do zume pódese facer viño... e entre todos quitamos o bago dos acios que trouxemos da casa, esmagámolas e fixemos un zume moi rico.

martes, 2 de octubre de 2012

NAS CLASES DOS CORAZÓNS IMOS TRABALLAR O OUTONO. A VINDEIRA SEMANA NECESITAREMOS UN ACIO DE UVAS CADA UN, TINTAS NA AULA DOS CORAZÓNS VERMELLOS (XISELA) E BRANCAS NA DOS CORAZÓNS AZUIS (TANIA). GRAZAS.

domingo, 30 de septiembre de 2012

MIRADE QUE BEN O PASAMOS NOS O VENRES NOS ANIVERSARIOS, XUNTÁMONOS AS DÚAS CLASES DOS CORAZÓNS E CANTAMOS O PARABÉNS PARA TI, FIXEMOS AS COROAS E COMEMOS PASTEL, QUE RICO! MIRADE QUE BEN O PASAMOS...

viernes, 21 de septiembre de 2012

LEMBRÁMOSLLES QUE O HORARIO DOS NEN@S A PARTIR DO LUNS 24 SERÁ DE 9:10 A 14:00 HORAS
         MENÚ

LUNS-GALLETAS

MARTES-FRIAME

MÉRCORES-LÁCTEOS

XOVES-BOCADILLO

VENRES-FROITA

domingo, 2 de septiembre de 2012