miércoles, 18 de diciembre de 2013

CATARINA PROTA 

A PROTA NA CLASE DOS CORAZÓNS AZUIS FOI CATARINA, ENSINOUNOS MOITAS COUSAS DA SÚA FAMILIA CUN VÍDEO MOI CHULO QUE NOS FIXERON E O XOVES ESTIVEMOS CON MIRIAM A SÚA NAI CON QUEN FIXEMOS UNS PAIASOS COA NOSA LETRA. GRAZAS!!!







PROTA DA SEMANA: BREIXO
Breixo foi o noso prota e o xoves o seu papá que é músico deunos un concerto na clase, e fixo unha canción para nos para cantar na hora da merenda...
Entre todos fixemos un grupo, uns tocábamos os instrumentos que nos trouxeros Brei e o seu pai, outros cantábamos, e outros bailábamos...pasámolo xenial!!!!!
Moitas gracias



lunes, 9 de diciembre de 2013

CARLO PROTA DA CLASE DOS CORAZÓNS VERMELLOS

Carlo foi o noso prota, pasámolo xenial vendo o seu libro, resulta que Carlo naceu en.... Madrid! Iso está moi lonxe profe... descubrimos moitas cousas como que monta a cabalo. Ademais o xoves con Carolina a súa nai, fixemos uns bonecos preciosos, mirade que chulos!







PROTA: NURIA

A prota da semana foi Nuria, trouxo un libro cunhas fotos moi chulas da súa casa, ademáis o xoves estivemos coa súa nai, e fixemos una manualidade chulísima. Nuria e a súa nai traballaron arreo para ternos preparadas a cada un a súa letra, despois na escola pintámolas da cor que máis nos gustou e púxemoslle unha cinta, seguro que máis dun xa a ten colgada da árbore! Grazas familia!






                                           PROTA DA SEMANA: NOA

ESTA SEMANA A NOSA COMPAÑEIRA NOA FOI A PROTA E COA AXUDA DA SÚA MAMÁ O XOVES FIXEMOS UNS MOLINOS DE VENTO MOI CHULOS QUE LOGO LEVAMOS PARA A NOSA CASIÑA,INDA QUE  ALGÚNS XA NON CHEGARON ENTEIROS, PASÁMOLO MOI BEN NA SÚA ELABORACIÓN.






miércoles, 4 de diciembre de 2013

                                        PROTA DA SEMANA: CARLA
Esta semana a nosa prota foi Carla, o xoves viu acompañada da súa mascoata "Nube", da que levaba varios días falando. Poidemos collela inda que algún tivemos un pouquiño de medo.
Como estaba un día maravilloso aproveitamos para saír o patio a facer uns boniquiños con terra e cunhas semilliñas de herba, asique non os esquezades de regalo...








jueves, 28 de noviembre de 2013

PROTA DA SEMANA: XIANA

ESTA SEMANA A NOSA PROTA FOI XIANA E COMA SEMPRE O XOVES ESTIVO NO NOSO COLE A SÚA  MAMÁ PARA ENSINARNOS A FACER UNS PAQUETIÑOS DE AGASALLOS QUE LOGO LEVAMOS PARA A NOSA CASA CUNS CARAMELIÑOS DENTRO.
ESTAMOS MOI AGRADECIDOS
 
 
 
 
 

martes, 26 de noviembre de 2013

PROTA: MARIÑA

A prota na clase de Tania foi Mariña. Trouxo un álbum moi chulo no que nos contaba cosas da súa vida.
 O xoves pasado viñeron os seus pais, Marcos e Sofía, e faláronnos dos seus traballos e despois fixemos de científicos! Mirade que ben o pasamos, encantounos a experiencia!