viernes, 31 de enero de 2014

Hoxe o pai de Carla,Fran,trouxo ao cole un polbo que acabara de pescar para que todos os nenos e nenas poidesemos ver como é, como son os seus tentáculos, onde ten a boca, e por onde solta o borro... deixámolo  un pouquiño pola nosa alfombra para ver como se despraza e case nos sobe pola parede...cremos que lle gustan os contos como a nós, porque non deixaba de subirse por un conto precioso que nos trouxera ese dia un neno...pero despois desta visita o polbo volveu marchar para regresar ao mar.





miércoles, 29 de enero de 2014

CUMPLES MARIA,MARIÑA,ZAIRA,NOARA





AS PRIMEIRAS EN CUMPRIR ANOS NO 2014 SON MARÍA,NOARA,ZAIRA,MARIÑA CO CAL SON AS MAIORES DA CLASE,ASÍ QUE MOITOS PARABÉNS RAPAZAS!!! XA TEMOS 5 ANOS!!!

lunes, 27 de enero de 2014

UXÍA PROTA.

E REMATOU A SEMANA DE UXÍ COMO PROTA... ESTIVO XENIAL FACER FICHAS COA SÚA LETRA, SUMAMOS O SEU NOME CO APELIDO, FIXO AS RUTINAS... E O XOVES ESTIVEMOS COA SÚA NAI, QUE XA É UNHA EXPERTA NISTO DOS PROTAS! FIXEMOS UNHAS CARTEIRAS CON MATERIAL DE REFUGALLO CHULÍSIMAS E DESPOIS UNHAS SUPERTATUAXES, SEGURO QUE MÁIS DUN E DUNHA XA  EMPREGAN AS BILLETEIRAS PARA IR A COMPRA!





Concerto Tambo

IMOS DE CONCERTO

O venres pasado estivemos nun concerto moi especial. Os autores do libro disco "Tambo" estiveron no Centro Social do Mar, encantounos, xa que o disco inclúe a canción de... Papirus!!!






















lunes, 20 de enero de 2014

                                                PROTA DA SEMANA: IAN
Esta semana o noso prota foi Ian,o xoves viñeron o sue pai acompañado da sua tía para facer con nós uns peixiños con materiais reciclables,quedáronnos moi chulos...





lunes, 13 de enero de 2014

AISHA PROTA

A ÚLTIMA PROTA DO 2013 FOI AISHA, QUE GANAS TIÑA... SÚA NAI FÍXONOS UN VÍDEO MOI CHULO, SAÍAN MOITOS ANIMAIS E ALUCINAMOS PORQUE AISHA, UNHA VEZ, MONTOU NUN ELEFANTE!!! O XOVES ESTIVEMOS COA SÚA NAI QUE NOS TROUXO UNHAS GALLETAS PARA DECORAR, QUEDARON CHULÍSIMAS PERO O MELLOR FOI O RICAS QUE ESTABAN!!! GRAZAS FAMILIA!


ANIVERSARIOS DE DECEMBRO

Celebramos o aniversario de Aisha na escola e agora xa temos todos catro anos... a polos cinco!


viernes, 10 de enero de 2014

VOLTA O COLEEEEE

Xa estamos aquí de novo, desexando celebrar cos nosos compañeiros o aninovo e contarnos todos os agasallos que nos trouxeron os  Reis.
As clases dos corazóns para celebrar o 2014 fixo unha festa,  todos tomamos os  12 lacasitos e tivemos un menú moi especial, tortillas e empanda feitas por Carla, a mamá de Paula, para celebrar tamén que xa pode comer de todo, e este ano poderá papar o mesmo ca nós...así que, Paula, aledámonos moito.