martes, 18 de junio de 2013

LAGO DE CASTIÑEIRAS

Despois dunha semana seguida de chuvia tivemos un día marabilloso para poder pasear, xogar e merendar no lago... non atopamos ningún cabalo como tíñamos pensado pero sí que puidemos darlles de comer aos parrulos.
Como non, pasámolo xenial e xogamos no parque cos nosos compañeiros.
















viernes, 7 de junio de 2013

NOTA INFORMATIVA

INFORMAMOS OS PAIS QUE O DIA 13 DE XUÑO TEMOS PLANIFICADA A SAÍDA O LAGO DE CASTIÑEIRAS.
 NON TEREMOS QUE LEVAR NIN MERENDA NIN AUGA, PERO SE CHOVE ESTA SAÍDA QUEDARA POSPOSTA PA OUTRO DÍA CON MELLOR TEMPO
                                 UN SAÚDO: AS PROFES

CUMPRES MAIO

O último venres d maio celebramos o aniversario dos nenos e nenas que cumprimos anos en abril e en maio, como é  costume cantamos, bailamos e comemos unha riquísima torta de chocolate.



jueves, 30 de mayo de 2013

Saída o teatro

O pasado 20 de maio fixemos unha saída o teatro NOVA CAIXA GALICIA en Vigo no que vimos unha representación da obra CRI,CRA,CRO .....
Foi unha obra na que os principais recursos foron as sombras e as diapositivas






CORRELINGUA

O día 10 de maio celebrouse no noso concello a gran festa da lingua na que participamos todos os nenos e nenas da zona do Morrazo.
A través do lema "Galego: a chave do mundo" xuntámonos na Praza Massó para participar na IV edición do " correlingua".
Divertímonos moito nos distintos obradoiros, xogos tradicionais e  bailes, todo amenizado por LUIS PREGO e o seu grupo.








martes, 23 de abril de 2013

DESPEDIMOS A VICTORIA

A profe Victoria xubílase e no cole quixemos darlle as grazas por todo o traballo feito, pola súa adicación e, sobre todo, polo cariño que poñía. ATA SEMPRE PROFE VICTORIA!




jueves, 18 de abril de 2013

OLA PRIMAVERA !!!

COA CHEGADA DA PRIMAVERA E APROVEITANDO O BO TEMPO SAÍMOS AO PATIO DO COLE A PRANTAR UNHAS SEMENTES...AVER SE MEDRAN PRONTO !!!